Fundraising September 15, 2024 – October 1, 2024 About fundraising

Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de...

  • Main
  • Ideas para un plurilingüismo dende o...

Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames (Galician, galego)

Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega
How much do you like this book?
What’s the quality of the file?
Download the book for quality assessment
What’s the quality of the downloaded files?

As transformacións das últimas décadas esixen cada vez máis da cidadanía a diversificación das súas destrezas lingüísticas, pero tamén unha predisposición favorable á crecente pluralidade da nosa sociedade que lle permita adaptarse a este novo marco de convivencia. Nesta realidade dinámica e cambiante, o modelo lingüístico do sistema educativo debe atender ás novas necesidades dos e das falantes, á vez que servir como vehículo de integración da súa diversidade.

Nun contexto social coma o de Ames, no que estas dinámicas se fan sentir aínda máis por mor da urbanización crecente e do impacto da inmigración na súa demografía, cómpre facer unha reflexión sobre a xestión lingüística desenvolvida nos centros educativos de cara á construción dunha proposta de plurilingüismo favorable á nosa lingua e respectuosa cos seus falantes, pero tamén acolledora para esta nova veciñanza e útil para o futuro do alumnado.

O obxectivo desta guía é contribuír a esta reflexión analizando a situación sociolingüística local, facendo algunhas aclaracións conceptuais ao redor da proposta europea para o plurilingüismo e recollendo algunhas consideracións de cara á planificación lingüística nos centros educativos.

Year:
2021
Publisher:
Real Academia Galega
Language:
galician
File:
PDF, 1.43 MB
IPFS:
CID , CID Blake2b
galician, 2021
Read Online
Conversion to is in progress
Conversion to is failed

Most frequently terms